MOURAS e MOUROS

"Galicia é un país de tesouros escusados nos castros, asolagados nas lagoas, enterrados aquí ou acolá, e caseque sempre ben gardados por mouros,enanos, xigantes,fadas, cobras...Son os que se chaman encantos (...)
 Das fadas de que ouvín falar en Galicia, gardadoras de tesouros, sábese que as máis son fiadoras, e sempre están nas mañanciñas de cedo, que é cando mellor se ven, co seu fuso i a súa roca na raiola primeira do sol, i adoitan cantar cantigas que ninguén, por muitas veces que as escoite, pode adeprender. (...) A máis da roca e do fuso de ouro, as fadas teñen sempre un peite do mesmo, co que acostuman a peitearse, e tamén como o peite das sireas do mar, ó pasar polo cabelo fai música, i escoitase á mañanciña o doce son, un xílgaro trinador. Tamén se fala muito de espellos de ouro, e iso en todas partes. En Irlanda os xigantes tiñan tosos un espello de ouro, e tamén as fadas i as "sighe", as bruxas .(...)
Do que sei das fadas galegas é que son seres dunha leda infantilidá, i os tesouros que gardan dános as máis das veces porque ben lles peta a un que non se sabe por qué lles caeu gracioso".

Álvaro Cunqueiro; Tesouros novos e vellos; Galaxia  



Mouras e mouros son seres legendarios y sobrenaturales que habitan en la Mourindad, nación subterránea que no pertenece al mundo visible. Son los constructores de los castros, mámoas, torres, castillos, petroglifos, cuevas, grutas, y también trabajaron y dieron forma a los peñascos ciclópeos, debajo de los cuales esconden sus tesoros, se bien a estos no les dan mucho aprecio.
Sus útiles de trabajo, arados, tijeras, hoces, yugos y demás, son todos de oro.
Mantienen relación con los humanos a los cvuales les piden favores, ofreciéndoles oro, pero con el compromiso de que se les guarde simpre el secreto.
Viven debajo de sus construcciones debajo de los castros y a veces también en pozos y cuevas.
En el folclore gallego, abundan los cuentos y leyendas en los que intervienen los "mouros" y las "mouras". Estas suelen mostrarse delante de las cuevas, peinándose los cabellos con peine de oro.



Son seres lendarios e sobrenaturais que habitan na Mourindade, nación soterrada que non pertence o mundo visible. Son os constructores dos castros, mámoas, torres, castelos, petroglifos, covas, furnas e tamén traballaron e deron forma os penedos ciclópeos, debaixo dos cales agochan os seus tesouros.
Fan tamén actividades propias dos humanos; cociñan, lavan, teñen cabalos, fían, tecen, moen, cantan e bailan e gardan os seus tesouros, se ben non lles dan moito aprecio.
Os seus útiles de traballo, arados, tesoiras, fouciños, xugos e demais, son todos de ouro.
Manteñen relación cos humanos aos que lles piden favores, ofrecéndolles ouro, pero co compromiso de que se lles garde sempre o segredo.
Viven baixo as suas construccions debaixo dos castros e por veces tamén en pozos e covas.


No folclore galego, abundan os contos e lendas nos que interveñen os mouros e as mouras. Estas soen amosarse diante das covas, peiteándose os seus cabelos con peite de ouro.





























A Raíña Lupa







Mouras de San Xoan. Antas do Iroite.



A moura de Pena Furada. Coirós. Betanzos


Debuxos e esculturas de Mónica Montero.
(SE compartes algunha destas imaxes, non esquezas sinalar a autoría)





Comentarios

Entradas populares